Especialidades
A cociña de restaurante A Devesa ofrécelle excelentes pratos da gastronomía galega. Carnes e peixes de gran calidade e sabor combinados sempre cos mellores produtos da horta. Pratos nos que os nosos cociñeiros aunan á perfección tradición e innovación.
Carnes
A preparación das carnes galegas é, sen dúbida, a nosa especialidade. Pratos nos que as carnes de tenreira se combinan con novidosas salsas e estilos.
E para os máis tradicionais, as nosas carnes á grella; churrasco, entrecots, chuletóns, crocas e solombos que manteñen intacto o sabor inconfundible das carnes galegas.
Peixes e mariscos
Os produtos de mar chegan a súa mesa en Restaurante A Devesa, peixes e mariscos galegos da mellor calidade para as súas comidas e banquetes. Para manter a súa frescura, estes pratos sérvense previo encargo.
Durante as fins de semana -venres, sábado e domingo- na nosa carta atopará unha das nosas especialidades, o bacallau preparado á prancha ou á galega.
Pizzas
As nosas pizzas son de elaboración caseira, preparadas a base de produtos naturais, dende a masa ata o recheo. Unha gran variedade de propostas nas que a calidade e sabor son o resultado de innovadoras combinacións culinarias.
Atópenos en
Lugar Eirexe, 12 GRAVA
SILLEDA (Pontevedra)
Teléfono: 986 58 07 76
Horario
De luns a domingo de 9.30 a 23.30 horas, pechado os domingo a partir das 17:00
Pechamos os mércores e as tres primeiras semanas de setembro.
Reservas
Realice a súas reservas nos teléfonos
986 58 07 76 / 667 30 15 54